Novas

Curso de curta duración. PERCUSIÓNS MIÚDAS. 26NOV-4FEB-01ABR. Chuco Estévez. EXTRAESCOLARES ETRAD 2021-22

Sábado 13 de Novembro de 2021


Curso de curta duración. PERCUSIÓNS MIÚDAS. 26NOV-4FEB-01ABR. Chuco Estévez. EXTRAESCOLARES ETRAD 2021-22

Dende o luns 15 ata o 26 de novembro está aberto o prazo de inscrición para o novo curso de curta duración que temos programado para vos neste ano escolar Ao longo de tres venres espaciados en varios meses, aprenderedes co mestre de percusión tradicional da ETRAD, Chuco Estévez, o uso  e manexo nos ritmos tradicionais dalgunhas das percusións miúdas que se usan para acompañar a música tradicional.

O 26 de novembro estará adicado ás tarrañolas, o 4 de febreiro de 2022 as culleres serán as protagonistas e o 1 de abril, a canabeira pechará o percorrido polas Percusións Miúdas. O curso está aberto tanto a estudantes da ETRAD como ás persoas non matriculadas na escola

 

Curso de curta duración.

Percusións miúdas.

Chuco Estévez

Aula 5. De 16:00 a 19:00h.

10 Prazas

Gratuíto para estudantes matriculados nos Itinerarios Medio e Avanzado da ETRAD

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.