Mércores 29 de Abril de 2026
A ETRADVIGO presenta un novo curso:
Musicalización de cine mudo impartido polo mestre, Alfonso Franco.
Musicalizar unha película de cine mudo non só supón a mera interpretación de unha serie de obras musicais. Os intérpretes teñen que saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén acompañar con todos os recursos do seu instrumento as accións dos actores en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20.
Aprenderemos os recursos básicos á hora de musicalizar películas de cine mudo traballando sobre un fragmento da película, “Rosiña flor de Galicia” de 1926, poñendo en práctica distintos recursos musicais dende a base da súa capacidade para crear emocións.
Imprescindible que o alumnado aporte o seu instrumento.
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-2026
Musicalización de cine mudo.
Alfonso Franco.
08/ 22/ 29/MAIO de 2026
AULA 5.
De 16:00h: a 19:00h.
Inscrición universal na secretaría da escola ata o 08 de maio.
Gratuíto para o alumnado dos itinerarios Medio e Avanzado.
29/04/2026
29/04/2026
29/04/2026
29/04/2026
29/04/2026