Novas

Curso. Outras percusións para o canto popular. 05, 12, 19 NOV. 2021. Javier Feijoo (Xisco). ESTRAESCOLARES ETRAD 2021-22

Luns 18 de Outubro de 2021


Curso. Outras percusións para o canto popular. 05, 12, 19 NOV. 2021. Javier Feijoo (Xisco). ESTRAESCOLARES ETRAD 2021-22

Abrimos a programación dos nosos cursos e monográficos de curta duración co curso: Outras percusións para o canto popular. Impartido por Javier Feijoo (Xisco), mestre de canto da ETRAD, ao longo dos tres venres de duración, aprenderedes a manexar diferentes percusións coas que se pode acompañar o canto popular. A inscrición está aberta dende o 20 de outubro ao 5 de novembro na secretaría da escola. O curso está aberto tanto ao alumnado da escola como a estudantes non matriculados.  

 

 

Curso. Outras percusións para o canto popular: Lata, cunchas, pandeiro, botella de anís, culleres.

Imprescindible traer instrumentos.

Mestre: Javier Feijoo (Xisco)

Venres 5, 12, 19 de Novembro

Aula 5 de 16:00 a 19:00

Prazas: 10

Gratuíto para o alumnado matriculado nos itinerarios medio e avanzado da ETRAD.

Aberto ao alumnado da escola e estudantes non matriculados.

Compartir en