Novas

Curso: Outros instrumentos de percusión para acompañar ó canto: tixola, lata, botella, cunchas e castañolas.Xisco Feijóo. Venres 17, 24 de xaneiro de 16h – 19h. Venres 31, 20h. Concerto didáctico.

Xoves 19 de Decembro de 2019


Curso: Outros instrumentos de percusión para acompañar ó canto: tixola, lata, botella, cunchas e castañolas.Xisco Feijóo. Venres 17, 24  de xaneiro de 16h – 19h.  Venres 31, 20h. Concerto didáctico.

Inda que a pandeireta é o instrumento máis habitual para acompañar ao canto, tamén, de maneira cotiá, empregábanse e empréganse outro tipo de obxectos para marcar o ritmo do baile. Este curso estará adicado precisamente a algúns deses instrumentos: tixola, lata, cunchas, botella de anís e castañolas. Como remate, Xisco Feijóo fará un Concerto Didáctico aberto para quen se queira achegar ao Auditorio Milladoiro.
Cada alumn@ deberá traer cadanseu instrumento a tanxer no curso.

Venres 17, 24 e 31 de xaneiro de 2020
Venres 17 e 24:16h – 19h 
Venres 31: 20h. Concerto Didáctico no Auditorio Milladoiro. (Entrada libre e gratuíta para o concerto didáctico. 80 prazas)
Aula 5. Perfecto Feijóo. 
Número de prazas: 20 (Entrada libre e gratuíta para o concerto didáctico. 80 prazas)
Créditos computables por horas na ETRAD:9h
25 euros .Gratuíto para estudantes de  medio.
Último día de matriculación: 17 de xaneiro

Compartir en