Novas

CURSO: PERCUSIÓNS MIÚDAS. CHUCO ESTÉVEZ. Venres 10/FEB - 17/MAR - 28/ABR 2023. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.

Domingo 22 de Xaneiro de 2023


CURSO: PERCUSIÓNS MIÚDAS. CHUCO ESTÉVEZ. Venres 10/FEB - 17/MAR -  28/ABR 2023. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2022-23.

 Dende o luns 23 de xaneiro ata o 10 de febreiro está aberto o prazo de inscrición na secretaría da escola para o novo curso de curta duración que temos programado para vós neste ano escolar. Ao longo de tres venres espaciados en varios meses, aprenderedes co mestre de percusión tradicional da ETRAD, Chuco Estévez, o uso e manexo dalgunhas das percusións miúdas que se usan para acompañar a música tradicional.

O 10 de febreiro estará adicado ás tarrañolas, o 17 marzo, as culleres serán as protagonistas mentres que o 28 de abril, a canabeira pechará o percorrido polas percusións miúdas. O curso está aberto tanto a estudantes da ETRAD como a persoas non matriculadas na escola

 Curso de curta duración.

Percusións miúdas.

Chuco Estévez

Venres 10/FEB - 17/MAR -  28/ABR 2023

Aula 5. De 16:00 a 19:00h.

20 Prazas

Inscrición: secretaría da escola.

R/ García Barbón. 5. 

Tél: 986228087     

Prezo: 26 EUR

Gratuíto para estudantes matriculados nos Itinerarios Medio e Avanzado da ETRAD

Compartir en