Martes 25 de Febreiro de 2025
O vindeiro venres 28 de febrero xuntarémonos na escola para darlle a benvida ao Entroido do xeito que máis nos gusta: cantando, tocando e bailando.
PROGRAMA Convocatoria: 17:00h SALÓN DE ACTOS DA ETRAD
Ensaio das coplas escollidas
Ensaio do repertorio (Todos os instrumentos xuntos)
Pasarrúas : 18:30h Saída da BANDA DE GAITAS
Saída da COMPARSA DA ETRAD
19:00h Xuntanza BANDA DE GAITAS e COMPARSA DA ETRAD
INDUMENTARIA Disfraz libre
PARTICIPANTES Alumnxs e exalumxs da ETRAD, familares e amizades
PERCORRIDO Pasarrúas por Príncipe e Prazas da Constitución e Sol
A idea é quedar no salón de actos da ETRAD para ensaiar as pezas que tocaremos de seguido polas rúas de Vigo nos arredores da escola -sempre que o tempo o permita-, cantando unha serie de coplas que estamos a escreber nestes días*.
Na primeira hora, a banda de gaitas e a comparsa farán percorridos diferentes e dende as 18:30h xuntarémonos todxs para tocar e cantar ata as 19:00h.
REPERTORIO
Pezas para cantar coas coplas creadas para este Entroido
FOLIADA DE ASÉN (SolM)
XOTA DE VILAR (Do M)
Ademáis destas, a maiores tocaremos algunhas das cantigas más populares na ETRAD:
Xota de Vilar de Cabeiras (ai Ricardo)
Pasodobre de Imende (Non che quero Pepe)
No carnaval de Ío (Alfonso da herba)
Miñas cousas
Ven bailar Carmiña
Xota de Lourido(Sara Sariña)
Xota das Neves
O galo
A miña burriña
Foliada de Tenorio
*Se queres compartir alguna copla (preferentemente vencellada coa escola ou con Vigo), failla chegar a Juanma na secretaría ou mándaa ao correo e-trad@vigo.org
25/02/2025
25/02/2025
25/02/2025
25/02/2025
25/02/2025