Novas

ETRAD. ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O LUNS 23 DE XUÑO. CURSO 2025-26

Luns 16 de Xuño de 2025


ETRAD. ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O LUNS 23 DE XUÑO. CURSO 2025-26

 


ETRADVIGO. CURSO 2025-2026

DE 4 A 7 ANOS

MÚSICA E MOVEMENTO


DENDE OS 8 ANOS

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.

 
AULAS ABERTAS

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA

 

LUNS 23 DE XUÑO: ABRÉSE A MATRÍCULA PARA O ALUMNADO QUE PASA DE CURSO E A PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS

 
1.- MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES:

TEN QUE MATRICULARSE o alumnado que pasa a algún dos seguintes cursos:

 - Música e Movemento II, III e IV

 - 1º curso de ITINERARIO BÁSICO de VIOLÍN, ARPA CÉLTICA ou ACORDEÓN DIATÓNICO

 - 2º e 3º curso de ITINERARIO BÁSICO de TODAS AS ESPECIALIDADES

 - 2º e 3º curso de ITINERARIO MEDIO

 - 2º curso de ITINERARIO AVANZADO

 - Curso de ESPECIALIZACIÓN ESCÉNICA


PRAZO DE MATRÍCULA: do 23 de xuño ao 4 de xullo de 2025

TRÁMITES DA MATRÍCULA:

Será preciso efectuar o PAGO DAS TAXAS de matrícula a través da plataforma www.emma.vigo.org, DESCARGAR O XUSTIFICANTE do pago e PRESENTAR o xustificante en SECRETARÍA.


PAGO DA MATRÍCULA:

Entrar en emma.vigo.org e acceder á pasarela de pagos do Concello a través do enlace inserido ao efecto.

Unha vez na pasarela, introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:

Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico
Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado
Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica

 FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Para formalizar a matrícula será necesario presentar en secretaría o xustificante de pago, salvo para os solicitantes da exención de taxas, que deberán presentar copia da solicitude de exención. 

Debe presentarse tamén o impreso de matrícula debidamente cuberto. 

O impreso de matrícula e o modelo de solicitude de exención facilitaranse en secretaría; tamén estarán dispoñibles en etradvigo.org/secretaría.

Prazo de presentación da solicitude de exención de taxas: entre o 23 de xuño e o 4 de xullo de 2025 nas oficinas do Concello de Vigo.

Horario de Secretaría: de luns a venres, de 11 a 14 hs. Durante o mes de xuño tamén de 16 a 20 hs.

Derradeiro día do prazo: 4 de xullo de 2025


2.- ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS

Considérase alumnado de novo ingreso:

a) Calquera persoa que comeza o Nivel Básico ou o Nivel Medio de calquera especialidade.

b) Calquera persoa que comeza por primeira vez Música e Movemento na ETRAD.

 


PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 23 de xuño ao 5 de setembro de 2025.

 


CÓMO PREINSCRIBIRSE:

On line: en emma.vigo.org
De xeito presencial: na secretaría da ETRAD, do 23 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 5 de setembro de 2025
Horario de atención ao público: de 11 a 14 hs., de luns a venres. En xuño tamén de 16 a 20 hs. A secretaría estará pechada durante o mes de agosto.
 

PRAZOS POSTERIORES:

Publicación das listas de solicitantes:
9 de setembro
Sorteo:
15 de setembro
Probas de acceso para Itinerario Medio
do 15 ao 18 de setembro
Publicación de listaxes de admitidos:
24 de setembro
Matrícula:
do 24 ao 30 de setembro
Solicitude de exención de taxas:
do 24 ao 30 de setembro
Comezo do curso 2025-2026:
1 de outubro de 2025

 

 

 

 

Compartir en