Venres 3 de Xullo de 2020
Lembramos que o vindeiro 10 de xullo remata o prazo de matrícula para todos os alumnos que continúan estudos na ETRAD
Lembramos tamén que este prazo de matrícula atinxe ás persoas que, estando matriculadas durante o curso 2019-2020, pasen a algún dos cursos seguintes:
• 1º curso de Nivel Básico de Arpa Céltica, Violín Folk e Acordeón Diatónico.
• 2º e 3º curso de Nivel Básico (todas as especialidades)
• 2º e 3º curso de Nivel Medio (todas as especialidades)
• 1º curso de Nivel Avanzado (en caso de ter superadas as probas de acceso)
• 2º curso de Nivel Avanzado
• Curso de Especialización Escénica
• Música e Movemento II (alumnos nacidos en 2015)
• Música e Movemento III (alumnos nacidos en 2014)
• Música e Movemento IV (alumnos nacidos en 2013)
Para formalizar a matrícula será imprescindible aportar:
• Impreso de matrícula cuberto e asinado
• Xustificante de pago das taxas de matrícula ou, no caso de solicitar a exención de taxas, unha copia da solicitude.
Efectuarase o pago na sede electrónica do Concello de Vigo, á que se pode acceder a través deste enlace. A solicitude de exención de taxas debe ser presentada no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, de xeito telemático ou en persoa. No caso de facer a solicitude presencialmente, hai que solicitar cita previa.
Unha vez pagado, o importe da matrícula non é reembolsable.
Hai dúas vías de presentación da matrícula:
• Por correo electrónico dirixido a e-trad@vigo.org, que deberá incluir o impreso de matrícula cuberto, escaneado ou fotografiado + xustificante do pago das taxas (ou ben copia da solicitude de exención previamente presentada no Rexistro do Concello de Vigo).
• Na secretaría da ETRAD de maneira presencial. Os que opten por esta modalidade deberán solicitar CITA PREVIA no tlf. 986 22 80 87. O horario de atención ao publico será de 11:00 a 14:00 hrs., de luns a venres.
PRAZO: de 1 a 10 de xullo. Non se admitirá ningunha solicitude a partir das 24:00 hrs. do día 10 de xullo de 2020.
Facer clique nos enlaces para descargar os documentos adxuntos:
• Impresos de matrícula
• Impreso de exención do pago de taxas
• Instruccións sobre a documentación a presentar para solicitar a exención
• Ordenanza reguladora das taxas
03/07/2020
03/07/2020
03/07/2020
03/07/2020
03/07/2020