Mércores 17 de Decembro de 2025
O vindeiro luns 29 de decembro, o ETRAD Zanfona Ensemble celebrará o seu xa tradicional Concerto de Nadal dentro da programación cultural de nadal do Concello de Vigo. Será na Concatedral - Basílica de Santa María de Vigo ás 20:00 horas con entrada de balde ata completar aforamento.
O programa do concerto inclúe un repertorio escollido especialmente para este intre do ano, no que non faltarán as panxoliñas xunto a celebrados temas que abranguen do S XVI ata composicións estreadas esta tempada pola formación.
O concerto do ETRAD Zanfona Ensemble é unha oportunidade única de escoitar á formación estable de zanfonas máis numerosa do país. Non volo perdades!
ETRAD ZANFONA ENSEMBLE
CONCERTO DE NADAL
CONCATEDRAL. BASÍLICA DE SANTA MARÍA (VIGO)
VENRES 29/DEC/2025
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
CO PATROCINIO DO CONCELLO DE VIGO
20:00H
17/12/2025
17/12/2025
17/12/2025
17/12/2025
17/12/2025