Novas

ETRADCOVID-19. Dende o mércores 27 de xaneiro de 2021 ata a fin das restricións actuais, todas as aulas e o resto de actividades da escola pasan a seren virtuais.

Mércores 27 de Xaneiro de 2021


ETRADCOVID-19. Dende o mércores 27 de xaneiro de 2021 ata a fin das restricións actuais, todas as aulas e o resto de actividades da escola pasan a seren virtuais.

Moi boas comunidade. 

Segundo indica o Servizo de Educación do Concello de Vigo con respecto ao DOG nº 16-Bis de 26 de xaneiro de 2020, suspéndese toda actividade lectiva presencial nas Escolas de Música durante o período ao que se extenda a eficacia da medida conforme ao punto catro da orde. 

Como consecuencia:

 
Dende o mércores 27 de xaneiro de 2021 ata a fin das restricións actuais, todas as aulas e o resto de actividades da escola pasan a seren virtuais


As aulas van ser impartidas mantendo a mesma hora e día de semana que aparece no voso horario presencial.


Mantense o calendario oficial. Os días 15, 16 e 17 de febreiro serán non lectivos (Entroido).

 
PROCEDEMENTO:


Recibiredes unha convocatoria para cada aula na caixa de correo electrónico que figura na vosa ficha de matrícula dende: etradlearning@gmail.com. Na convocatoria figurará un enlace á aplicación a usar: (Zoom, Google Meet, Skype, Facetime, Hungouts…) para que poidades acceder á aula virtual na hora establecida. 

No caso do alumnado de Música e Movemento, e coa finalidade de organizar as clases, os pais e nais recibiredes unha invitación a cadansúa reunión en liña coa profesora. O horario de cada reunión será o habitual de cada grupo.

 
Vémonos en liña!

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.