Luns 8 de Xuño de 2020
Esta foi unha de tantas cancións que aprenderon (presencial e telemáticamente) as alumnas do Aula Aberta de Pandereteiras da ETRAD este curso 2019/20. É un fermoso valse do lugar de Barro de Arén (Cerdedo) recollido por tres grandes compiladores e músicos como son Xandre Outeiro, Guillerme Inácio e Marcelo Dobode.
Quixemos reflexar en parte o transcorrer destes meses e, xa que non podemos ter a audición que adoitamos ter en xuño na escola, alomenos porlle un pouco de música a este final de curso.
Agradecemento especial ao mestre Xosé Liz por nos ter acompañado tan estupendamente (coma sempre).
Clica no enlace para ires ao video na canle de YouTube da escola:
ETRADCOVID19 - Valse de Barro de Arén A A PANDERETEIRAS ETRAD curso 2019/20
Vai para todos/as vós. Grazas por seguir con nós. Apertas enormes!
08/06/2020
08/06/2020
08/06/2020
08/06/2020
08/06/2020