Martes 22 de Setembro de 2026
Tedes á vosa disposición as listaxes de admisións do alumnado de novo ingreso a cada itinerario e das Aulas Abertas para o curso 2026-2027 da ETRADVIGO
Unha vez que comprobedes que estades admitidxs, teredes que proceder ao pago da matrícula e/ou solicitude de exención de taxas, no seu caso. Deixámosvos aas instrucións para a formalización da matrícula Debaixo das listaxes.
LISTAXES DE ADMISIÓN
MÚSICA E MOVEMENTO
MÚSICA E MOVEMENTO. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
ITINERARIO BÁSICO
ACORDEÓN DIATÓNICO. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
ARPA CÉLTICA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
CANTO POPULAR. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
CORDA PULSADA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
GAITA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
PERCUSIÓN TRADICIONAL. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
REQUINTA E FRAUTA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
VIOLÍN FOLK. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
ZANFONA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
ITINERARIO MEDIO
PERCUSIÓN – REQUINTA – VIOLÍN FOLK – ZANFONA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULAS ABERTAS
AULA ABERTA DE ARPA CÉLTICA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE GAITA E PERCUSIÓN. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE CANTARES DE TROULA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE CORDA FROTADA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE CORDA PULSADA E REQUINTA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE CORO. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE PANDERETEIRAS. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
AULA ABERTA DE ZANFONA. LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRADVIGO 2026-27
INSTRUCIÓNS PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA. Do 24 ao 30 de Setembro
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Para formalizar a matrícula cómpre presentar en secretaría o correspondente xustificante de pago, salvo para os solicitantes da exención de taxas, que deberán presentar copia da solicitude de exención.
Clica aquí: Instrucións para o pagamento da matrícula:
Para efectuar o pagamento é preciso acceder á Sede Electrónica do Concello de Vigo (podedes facelo a través deste enlace) e seguir as instrucións. O pagamento pode facerse de dous xeitos:
1- En liña, como unha compra por internet.
2- En persoa: descargando e imprimindo o modelo de liquidación das taxas e levándoo a unha sucursal bancaria.
Calquera que sexa a modalidade de pago, o xustificante do mesmo debe presentarse en secretaría, onde tamén se cubrirá o impreso correspondente cos datos persoais.
No formulario da Sede Electrónica debe escribirse:
- o nome e apelidos da persoa que se matricula (exactamente igual ao que consta no regardo da inscrición que se enviou por correo-e, e igual ao que se publicou nas listaxes de persoas preinscritas),
- o dni (ou nie, no caso de estranxeiros)
A continuación hai que seleccionar "E-TRAD (Música folk e tradicional)" e máis a especialidade e nivel que corresponda, ou a Aula Aberta de que se trate.
SOLICITANTES DA EXENCIÓN DE TAXAS:
Deben presentar a solicitude de exención no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Unha vez presentada, hai que entregar unha copia da solicitude en secretaría.
Prazo para solicitar a exención de taxas: entre o 24 e o 30 de setembro de 2025.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NA SECRETARÍA:
1.- Xustificante do pago das taxas de matrícula ou resgardo da solicitude de exención.
2.- As persoas que se matriculen por primeira vez na ETRAD deben presentar tamén un certificado de conta bancaria para o cobro das mensualidades correspondentes por parte do Concello de Vigo. Están exentas deste trámite as persoas que soliciten a exención de taxas.
3.- Impreso de matrícula debidamente cuberto. Este impreso facilítase na mesma secretaría.
Horario de secretaría: de luns a venres, de 11 a 14 hs. e de 17 a 20 hs.
Derradeiro día do prazo de matrícula: 30 de setembro de 2026.
Comezo do curso 2026-2027: 1 de outubro.
*Nota importante: O alumnado matriculado nas Aulas Abertas debe posuir instrumento propio e ter un dominio básico demostrable da técnica do instrumento.
22/09/2026
22/09/2026
22/09/2026
22/09/2026
22/09/2026