Luns 11 de Xullo de 2022
ETRADVIGO CURSO 2022-2023. ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 22 DE XUÑO.
DE 4 A 7 ANOS
MÚSICA E MOVEMENTO
DENDE OS 8 ANOS
ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.
AULAS ABERTAS
ARPA CÉLTICA, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA.
MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2022-2023
COVID-19. Situación de excepcionalidade
Diferentes disposicións legais en relación á situación sociosanitaria da pandemia, que podan ter vixencia a 3 de outubro de 2022 (data de inicio previsto do curso), poderían modificar as características desta convocatoria(datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online, ...)
ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES
ALUMNADO que pasa aos cursos de
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con C.I.I.
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)
NON HAI RESERVA DE PRAZA, terán que MATRICULARSE DIRECTAMENTE.
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 22 DE XUÑO AO 08 DE XULLO DE 2022
Precisaráse efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e logo formalizar a matrícula (a ter en conta que no caso de baixa na escola, o importe da matrícula non é reembolsable).
PAGO DA MATRÍCULA
Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:
Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico
Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado
Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica (Avanzado 3)
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
PRESENCIAL
Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado, que pode solicitarse na secretaría ou descargarse da páxina web.
Solicitude de exención de taxas: Do 22 de xuño ao 08 de xullo de 2022 nas oficinas do Concello.
Horario de atención ao público de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). Durante o mes de xuño atenderemos tamén pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
PRAZO: DO 22 DE XUÑO AO 08 DE XULLO DE 2022
ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS:
PREINSCRICIÓN
On line (www.emmavigo.org): do 22 de xuño ao 7 de setembro de 2022.
Presencial (na secretaría da ETRAD): do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro de 2022.
Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
Publicación de listas de solicitantes: 13 de setembro
Sorteo: 16 de setembro
Probas para o Itinerario Medio: do 16 ao 20 de setembro
Publicación de listas de admitidos: 23 de setembro.
Matrícula: do 23 ao 30 de setembro.
Solicitude de exención de taxas: do 23 ata o 30 de setembro de 2022 nas oficinas do concello.
Comezo do vindeiro curso: 3 de outubro.
Visita estes dous apartados da nosa WEB para máis información:
11/07/2022
11/07/2022
11/07/2022
11/07/2022
11/07/2022