Novas

EXTRAESCOLARES 2022-23. AUDICIÓN DE FIN DE CURSO. AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO. XOVES 22 / XUÑO. 18:00 hs.

Mércores 14 de Xuño de 2023


EXTRAESCOLARES 2022-23. AUDICIÓN DE FIN DE CURSO.  AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO.  XOVES 20 / XUÑO. 18:00 hs.

Na ETRAD celebramos a chegada da fin do curso 2022-23 coa Audición de Verán no Auditorio Municipal de Vigo o vindeiro xoves 22 de xuño dende as 18:00 hs. 

As especialidades instrumentais de Arpa céltica, Acordeón diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, xunto coa especialidade Música e Movemento  e máis os Conxuntos Instrumentais e as Aulas Abertas da escola agasallárannos coas melodías aprendidas ao longo do curso e deste derradeiro trimestre.

 Convidámosvos a vires e a participares connosco da alegría e a enerxía dos varios centos de músicos que están a gozar da aprendizaxe da nosa música tradicional. e da música folk na ETRADVIGO.


Vai ser, de seguro, unha boa festa musical. Non a perdas!!!

 
AUDICIÓN DE FIN DE CURSO. 

 
AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO

 
XOVES 22 / XUÑO.

 
18:00 hs.

 
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO

Compartir en