Luns 20 de Xuño de 2022
Na ETRAD chegamos á fin do curso 2021-22 celebrando a nosa última audición no Auditorio Municipal de Vigo dende as 18:00Hs.
Convidámosvos a vir e participar connosco da alegría e a enerxía que nos agasalla a aprendizaxe da nosa música tradicional. Con vós estarán as especialidades instrumentais da escola: Arpa céltica, Acordeón diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona, as Aulas Abertas e os Conxuntos Instrumentais.
Vai ser, de seguro, unha boa festa musical. Non a perdas!!!
AUDICIÓN DE FIN DE CURSO.
AUDITORIO MUNICIPAL.
XOVES 23/XUÑO.
18:00
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
20/06/2022
20/06/2022
20/06/2022
20/06/2022
20/06/2022