Novas

GALAXIA ETRAD. Bea Martínez e Rodrigo Romaní publican ILLAS, un EP con tres paisaxes sonoras dende a óptica da arpa céltica.

Martes 12 de Maio de 2020


GALAXIA ETRAD. Bea Martínez e Rodrigo Romaní publican ILLAS, un EP con tres paisaxes sonoras dende a óptica da arpa céltica.

Bea Martínez e Rodrigo Romaní publican o EP ILLAS, tres paisaxes sonoras dende a óptica da arpa céltica a formato dúo que explora, con sobresaínte gusto e creatividade, músicas recreadas nunha interpretación sensible ao matiz e plena duns detalles que so van deixarse descubrir flirteando con sucesivas audicións. Xunto a isto, planea sobre o seu enfoque, unha virtuosa complexidade agochada tras unha pel de aparente sinxeleza. Por forzar un símil de espellismo matérico, é como ter diante unha reticulada e aberta noz e visualizar en troques o brillo colorado dunha tersa nectarina. Trucos todos reservados a músicos de alambique máxico. Non perdades a oportunidade de escoitalos coa atención transida polo estado de corpo aberto.

ILLAS é, nas súas palabras, un traballo elaborado dende a óptica que o período de confinamento polo COVID19 permitía. Unha reflexión instrumental baseada nos sons combinados de dúas arpas célticas, a expresión de dúas illas unidas na distancia pola música e a inspiración nunha linguaxe común, entendendo a melodía como un exercicio de enriquecemento contrapuntístico e harmónico sinxelo na súa sensación sonora e complexo na súa excepción.

O EP ILLAS, que foi gravado en confinamento durante abril de 2020 e que publica ALTAFONTE, presenta estes tres temas dos que vos deixamos os enlaces:

O primero, un tema extraído do Bailadeiras nunha revisión para dúo de arpas da obra recreada polo grupo Milladoiro.


A Segunda entrega do EP "ILLAS", é unha composición de Antón Seoane, recreada para dúas arpas por Beatriz Martínez e Rodrigo . Vídeo con texto de Fernando Pessoa.
Voo


Aquí a terceira e última entrega do EP ILLAS, recreación da melodía composta por Bea Martínez, presente no primeiro traballo do grupo Ghaveta.
Pandeira

Compartir en