Novas

GALAXIA ETRAD. Cristina Pato e a arpista Bridget Kibbey inclúen a composición e arranxo da mestra de arpa céltica, Begoña Riobó, sobre a cantiga “Ondas do Mar de Vigo” nun concerto para a Universidade de Princeton

Mércores 31 de Marzo de 2021


GALAXIA ETRAD. Cristina Pato e a harpista Bridget Kibbey inclúen a composición e arranxo da mestra de arpa céltica, Begoña Riobó, sobre a cantiga “Ondas do Mar de Vigo”  nun concerto para a Universidade de Princeton

Dentro das celebracións vencelladas ao 8 de marzo, a Universidade de Princeton dos EUA desenvolveu ao longo do mes o proxecto denominado #LeadingLadies, onde puxo en marcha unha serie de concertos e conversas con mulleres destacadas dentro do ámbito cultural.


A gaiteira galega afincada en Nova Iorque, Cristina Pato recibiu un convite para tocar, xunto á arpista Bridget Kibbey tres temas dentro do concerto celebrado o pasado domingo 28 de marzo.
Decidiu entón poñerse en contacto con Begoña Riobó, quen polo ano 2017 recibía a encomenda, por parte de Cristina, de facer un arranxo dunha das cantigas de Martín Codax: Ondas do Mar de Vigo, para o concerto de Nadal da Universidade de Vigo sobre as Cantigas de Martín Códax que deseñou e dirixiu a propia Cristina.. No 2021 esta música reviviu para ser tocada a dúo de gaita e arpa xunto a Bridget Kibbey  nun traballo de redución e adaptación que fixo con talento Alba Barreiro, antiga alumna e arpista da orquestra Folk SonDeSeu durante moitos anos.


Podes ver o concerto completo aquí, Ondas do mar de Vigo comeza no 43:52.
Vídeo Leading ladies watch Party

Compartir en