Novas

GALAXIA ETRAD. O mestre de requinta e corda pulsada no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo co grupo TOR. Xoves 17. 20:00h

Luns 14 de Decembro de 2020


GALAXIA ETRAD. O mestre de requinta e corda pulsada no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo co grupo TOR. Xoves 17. 20:00h

O mestre de requinta e corda pulsada, Xosé Liz, no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo do grupo TOR
O concerto do grupo de folk TOR será de xeito totalmente virtual
Nun ano marcado pola pandemia, o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo celébrase de xeito totalmente virtual. Nesta ocasión a cita corre a cargo do grupo de folk galego TOR e será retransmitido en directo a través de UVigoTV, non só á comunidade universitaria da Universidade de Vigo, senón tamén do resto de universidades españolas e do conxunto da cidadanía en xeral.

TOR é un innovador proxecto cun repertorio composto, sobre todo, por popurrís ou sets de temas instrumentais tomados da tradición galega con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. O concerto que van ofrecer no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e que será retransmitido en director por UVigoTv durará arredor dunha hora e nel interpretaranse algunha das pezas máis coñecidas deste grupo: Sobrado, Carolina, Repimpín, Tambores...

O concerto pode seguirse a través da canle 1 de UVigoTV

 


Fecha de celebración:
17 de diciembre a las 20:00Dirigido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI y Público externoOrganiza
Universidade de Vigo
Lugar
Retransmisión virtual
Edificio Exeria
36310 Vigo
España

Tipo de evento
MúsicaEntrada:
De balde No es necesaria reserva.Modalidade
Virtual

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.