Novas

GALAXIA ETRAD. O mestre de zanfona participará na estrea da ópera "María Soliña" do compositor Nacho Mañá.

Xoves 25 de Marzo de 2021


GALAXIA ETRAD. O mestre de zanfona participará na estrea da ópera

O mestre de Zanfona, Anxo Pintos, participará na estrea da ópera María Soliña, obra do compositor galego afincado en Londres, Nacho Mañá. A obra dacabalo da música contemporánea e da música folk verá a luz o vindeiro 8 de Maio no Auditorio de Cangas. A direción correrá a cargo de Roc Fargas e conta cun libreto asinado por J.R. Bustamante. Xunto a eles estarán o director de cine Sigfrid Monleón e un elenco que conta coa célebre soprano Carmen Durán, o actor Lois Soaxe, Integrantes da OSV 430 e o gaiteiro, Anxo Lorenzo entre outros.

Compartir en