Luns 10 de Febreiro de 2025
II MOSTRA EMMA
As escolas municipais de Artes Escénicas, xuntámonos de novo, logo do éxito da 1ª edición, para facer un intercambio artístico no que amosarmos o traballo dunha representación do noso alumnado ata este intre do curso.
De luns a xoves atoparédenos nunha das catro escolas participantes.
- Hoxe luns 10 de febreiro estaremos na Escola Municipal de Danza de Vigo dende as 18:00h na que ETRAD estará representada pola Aula Aberta de Zanfona xunto a unha representación do alumnado das Escolas municipais de música e de teatro Vigo.
- O martes 11 de febreiro unha representación do alumnado das aulas de Gaita, percusión e canto popular actuarán na Escola Municipal de Música de Vigo dende as 18:00h
- O mércores 12, a nosa escola acolle a actuación das escolas de danza, música e teatro no Auditorio Milladoiro dende as 18:00h.
- O xoves 13, as Aulas Abertas de Pandereteiras e máis a de Coro, visitarán a Escola Municipal de Teatro dende as 18:30, na derradeira xornada deste encontro en febreiro que voltará en maio.
Deixámosvos debaixo en resumo, o horario e as escolas nas que se levarán a cabo as audicións e representacións
II MOSTRA EMMA
-Luns 10 de febreiro Escola Municipal de Danza ás 18.00
-Martes 11 de febreiro Escola Municipal de Música ás 18.00h
-Mércores 12 de febreiro Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ás 18.00
-Xoves 13 de febreiro Escola Municipal de Teatro ás 18.30
Entrada de balde ata completar aforo
@etrad_vigo @e.municipal.teatro.vigo @emmvigo
10/02/2025
10/02/2025
10/02/2025
10/02/2025
10/02/2025