Novas

MÚSICA COA ESCOLA.Programa de Concertos Didácticos da Concellería de Educación. @s mestr@s da ETRAD presentan RIASÓNS. Auditorio do Concello de Vigo. Do Luns 4, martes 5, mércores 6, de 12:00hs a 13:00hs Xoves 7 de abril en dobre sesión: de 10:00 a 11:00

Domingo 3 de Abril de 2022


MÚSICA COA ESCOLA.Programa de Concertos Didácticos da Concellería de Educación. @s mestr@s da ETRAD presentan RIASÓNS. Auditorio do Concello de Vigo. Do Luns 4, martes 5, mércores 6, de 12:00hs a 13:00hs Xoves 7 de abril en dobre sesión: de 10:00 a 11:00

A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, presenta un ano máis o programa “Música coa escola”, co obxecto de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música. 

O programa, do que xa teñen coñecemento dende o primeiro trimestre deste ano escolar os centros educativos públicos e concertados da cidade, está dirixido ao alumnado de Primariae de Secundaria e consiste no traballo previo sobre a unidade didáctica facilitada nas aulas e a posterior programación de concertos didácticos no Auditorio municipal (en horario matinal por parte do profesorado das escolas municipais de música). 


A Escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD), presentará a 1.300 escolares RIASÓNS, un paseo músico-visual pola historia da Ría de Vigo. As mestras e mestres da escola, tocarán con todos os instrumentos que ensinan na escola, un repertorio que comezará na música medieval de Martín Codax e chegará ata a música Trad e Folk máis actual sempre relacionadas cos concellos que delimitan a Ría de Vigo.


Programa Música coa Escola
RIASÓNS
Concertos Didácticos dos mestres da ETRAD
Concellería de Educación. Concello de Vigo
Do Luns 4, martes 5, mércores 6, de 12:00hs a 13:00hs
Xoves 7 de abril en dobre sesión: de 10:00 a 11:00 e de 12:00 a 13:00hs
Auditorio Municipal de Vigo
Entrada reservada aos centros de ensino participantes

 

Compartir en