Novas

NOVAS GZ. Presentación do disco: O ronsel do meu sentir. Xoán Carlos Rilo. Venres 12/NOV. 19:00. Biblioteca da EMAO

Martes 9 de Novembro de 2021


NOVAS GZ. Presentación do disco: O ronsel do meu sentir. Xoán Carlos Rinlo. Venres 12/NOV. 19:00. Biblioteca da EMAO

O vindeiro venres 12 de novembro ás 19:00 hs., o gaiteiro e compositor, Xoán Carlos Rilo, presenta o seu traballo discográfico: "O ronsel do meu sentir", dentro do ciclo: Os Venres da EMAO. Organizado polo CAIM Gaita, a presentación do acto correrá a cargo de Carlos Corral, Mestre da especialidade de construcción de instrumentos musicais CAIM gaita da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. 

 


Xoán Carlos Rilo, formou parte do Ballet galego Rey de Viana como gaiteiro e percusionista para logo pasar a formar parte do grupo de gaitas do IGAEM, (hoxe AGADIC). Fixo e fai numerosas colaboracións con grupos de música galega. Ten publicado un libro de partituras de gaita orquestarías para banda de música polo director Joan Bautista Bernat, titulado "Gaifonías".

 


Presentación do disco: O ronsel do meu sentir. 

Xoán Carlos Rilo. 

Venres 12/NOV. 19:00.

Biblioteca da EMAO

Entrada libre ata completar aforamento

Compartir en