Martes 22 de Marzo de 2022
O vindeiro xoves 24 de marzo ás 20:00 hs. preséntase na Biblioteca da EMAO o libro-CD "A CANTEIRA", a segunda produción discográfica na A.C. Galicia Fiddle, dirixida polo mestre de violín da ETRAD, Alfonso Franco.
Como o seu nome indica, neste álbum danse cita a nova xeración de violinistas que medraron ao abeiro dos cursos de verán de San Simón Fiddle e da actividade docente da propia ETRAD na que moitos deles seguen a estudar ou remataron estudos.
Con arranxos dos mestres que participan no San Simón Fiddle, este traballo está chamado a se converter nun referente para a comunidade galega do violín folk
- Presentación do libro-CD: A CANTEIRA
- Presenta: ALFONSO FRANCO
- XOVES 24 DE MARZO
- 20:00 h
- Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
22/03/2022
22/03/2022
22/03/2022
22/03/2022
22/03/2022