Luns 21 de Abril de 2025
Seguimos a celebrar o ano das letras dedicado á poesía oral coa presentación do libro, CANTAREIRAS, da man dos seus autores: a pandeireteira Icía Varela e o investigador Xosé Manuel Varela. Neste traballo literario, achégase un percorrido polo legado da música e a poesía populares centrado na tradición das pandeireteiras, nomeadamente As Pandereteiras de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás. A presentación celebrarase no Auditorio Milladoiro da ETRAD o vindeiro mércores ás 19:30h. A entrada e libre e de balde ata completar aforamento.
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25
Presentación do libro: CANTAREIRAS.
Coa presenza dos autores, Icía Varela e Xosé Manuel Varela.
Mércores 23/ABR/2025.
19:30.
Auditorio Milladoiro.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento.
21/04/2025
21/04/2025
21/04/2025
21/04/2025
21/04/2025