Martes 30 de Maio de 2023
O vindeiro xoves día 1 de xuño de 2023 ás 18:00 hrs. na Hemeroteca da EMAO e xusto despois da Audición/Presentación de libro da Aula de Diato, teremos a presentación do libro-cd: As que dormen entre o centeo, que será presentado pola mestra de Canto da ETRAD, Carme López e a gaiteira de SonDeSeu, Marina Vigo, ámbalas das coordinadoras da publicación que edita a Asociación de Gaiteras Galegas.
Sobre "As que dormem no centeo":
A Asociación de Gaiteiras Galegas vimos de publicar un novo #traballo que leva por título “As que dormen entre o centeo”, un proxecto pioneiro que busca dar pulo e visibilidade á creatividade das mulleres do ámbito da #gaitagalega, tradicionalmente moi masculinizado. O libro reúne trinta e dúas composicións inéditas de dezaseis autoras, entre as que atopamos dende nomes consagrados e outras representación das xeracións máis novas do instrumento. Ás #partituras engádese un disco que recompila doce dos temas compostos, e un limiar obra de Pilar Rego.
Queremos convidarte a coñecer esta obra no acto de presentación que organizamos o vindeiro xoves 1 de xuño na Hemeroteca da EMAO A entrada é gratuita e libre ata completar aforo.
Coa edición desta publicación levada a cabo pola #AGG e subvencionada por Cultura da Deputación da Coruña a AGG busca poñer chanzos cara a normalización das gaiteiras e compositoras para gaita, promovendo un libro-disco protagonizado por músicas unicamente femininas. Aínda que este libro reúne só unha pequena mostra das gaiteiras do país, agardamos que sirva tanto para visualizar o seu potencial creativo como para iniciar un camiño que outras autoras se animen a percorrer, mulleres que loitaron e loitan por facer da gaita un instrumento para todas.
PRESENTACIÓN LIBRO: AS QUE DORMEN ENTRE O CENTEO.
Xoves 01/Xuño.
18:00h.
Hemeroteca da EMAO.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento
30/05/2023
30/05/2023
30/05/2023
30/05/2023
30/05/2023