Novas

Recordatorio sobre a convocatoria das probas de pase do Itinerario Medio a Avanzado. Última semana de inscrición

Luns 15 de Xuño de 2020


Recordatorio sobre a convocatoria das probas de pase do Itinerario Medio a Avanzado. Última semana de inscrición

Lembrámosvos que o venres 26 de xuño de 2020 terán lugar as Probas de Acceso ao Itinerario Avanzado da ETRAD. Para facilitar a súa realización por parte dos interesados haberá dúas quendas: 
• Quenda de mañá: a partir das 10:00 hrs.

• Quenda de tarde: a partir das 16:00 hrs. Cada quenda constará de dúas partes:

• Proba teórica: consistirá en 60 preguntas tipo test sobre Ritmos e Xéneros da Música Tradicional, Harmonía elemental e Tradición e Ciclo Anual. Todos os aspirantes realizarán a proba ao mesmo tempo. Duración: 60 min. máximo.

• Proba práctica: consistirá na demostración técnica do instrumento da especialidade cunha duración aproximada de entre 15-20 min. Debido ás circunstancias, para esta proba o/a aspirante poderá acompañarse (ou non) doutros instrumentos que estime oportunos. A orde será consensuada o mesmo día entre os aspirantes. 

NON SE PERMITIRÁ O ACCESO DE PÚBLICO ÁS PROBAS PRÁCTICAS. 

O prazo de inscrición para as probas estará aberto do 01 ao 19 de xuño de 2020. A inscrición presentarase por correo electrónico á Secretaría da ETRAD (e-trad@vigo.org) indicando a dispoñibilidade de mañá ou de tarde para o exame. 

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.