Mércores 16 de Febreiro de 2022
Logo do seu paso polo programa Luar da TVG o pasado venres 11/Feb, o mestre de canto da ETRAD, Xisco Feijoó presentará o seu CD PEIXE o vindeiro domingo 20/Feb dende as 20:15 na Sala Capitol de Compostela, cunha nutrida banda e un bo feixe de amigas e amigos entre os que se atopan os tamén mestres da ETRAD, Xosé Liz e Carlos Quintá amáis das célebres integrantes de Tanxugueiras.
Podedes reservar as entradas no seguinte enlace:
Entradas:Entradas Xisco Feijoo Peixe na Capitol Enterticket
Xisco Feijoó presenta PEIXE.
Sala Capitol de Compostela.
Domingo 20/Feb. 20:15.
Sobre Xisco Feijoo e PEIXE:
Xisco Feijoó, (Francisco Javier Feijoó Álvarez), presenta”PEIXE”, trátase dunha proposta fresca, dunha realidade que aglutina toda unha carreira dentro da música tradicional vista dende unha perspectiva actual.
“É como vexo o que fun e o que son", incluso como observo o que sentín, do xeito no que o sentín, as pegadas que quedaron e o que hoxe sinto cando percorro as sinais que todo iso ten deixado no meu ser". Xisco Feijoó.
Desta vez Xisco será o protagonista deste proxecto, un disco con moita forza e ímpetu, un traballo en compañía do produtor e magnífico mestre Carlos Quintá que aderezou con armonías e fermosos arranxos o servizo de noso sabor tradicional e sempre dende unha visión contemporánea e moderna.
PEIXE érguese como un paso mais na extensa carreira musical de Xisco Feijoó, que comezou, como di o propio Xisco, cando seu pai Pepín "O Feijoó" lle puxo a gaita de Canoto ó lombo, na aldea de Sistindomato, nas terras de Sober e nd casa de Helena, a súa salvadora.
PEIXE está preñado da esencia mais fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión do século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde respétanse e valóranse con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais.
PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos... E de aquelo que somos e non desexamos.
PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación.
PEIXE é entender que entre nos ata onde alcanza a mirada non hai peixeira que nos encerre.
PEIXE somos cada un de nos, únicos e irrepetibles.
PEIXE é o sono dun e de todos. Eso é PEIXE.
16/02/2022
16/02/2022
16/02/2022
16/02/2022
16/02/2022