Venres 3 de Xaneiro de 2020
A Banda de gaitas da ETRAD pecha a participación das formacións da escola nas festas de nadal organizadas polo Concello de Vigo con sendos pasarrúas polas rúas da cidade.
O primeiro será o sábado 4 de xaneiro ás 19h. dende o cruce de Urzáiz con Gran Vía ata a Porta do Sol. A Banda irá acompañada pola Treboada na que colabora a Aula de Percusión e fará paradas para tocar na Farola de Urzáiz e na propia Porta do Sol.
O domingo 5 de Xaneiro, a banda participará no desfile da Cabalgata de Reis que partirá dende Isaac Peral ás 18h.
Estados todxs convidadxs!
Banda de Gaitas da ETRAD+ Treboada
04/01/20.19h. Pasarrúas da Banda de Gaitas da ETRAD con treboada dende o cruce de Urzáiz con Gran Vía ata a Porta do Sol. Paradas na Farola de Urzáiz e Porta do Sol.
Banda de Gaitas da ETRAD
05/01/20. 18h. Desfile na Cabalgata de reis dende Isaac Peral
03/01/2020
03/01/2020
03/01/2020
03/01/2020
03/01/2020