Novas

As cantareiras das Letras Galegas 2025: aproximación ao estilo das tocadoras de Cerceda, Muxía e Mens. Anaïs Barbier 24-31/XAN//07/FEB 2025. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25

Mércores 15 de Xaneiro de 2025


As pandereteiras das Letras Galegas 2025: aproximación ao estilo das tocadoras de Cerceda, Muxía e Mens. Anaïs Barbier. 24-31/XAN//07/FEB 2025. EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2024-25

 Presentamos o novo curso de ampliación de estudos impartido pola mestra de Canto Popular, Anaïs Barbier, no que realizaremos un achegamento á interpretación musical das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. A través delas, Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar –as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década–, a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral. 

 

CURSO DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS

As cantareiras das Letras Galegas 2025: aproximación ao estilo

das tocadoras de Cerceda, Muxía e Mens

Anaïs Barbier

24-31/XAN//07/FEB 2025.

AULA 5. 

16:00-19:00h.
Inscrición universal 
ata o 13 / DEC na 
secretaría da escola.
Prezo: 27,05 EUR.

Compartir en