Martes 4 de Novembro de 2025
Na ETRAD celebramos festa de outono cun magosto!!
Será o vindeiro venres 14 de novembro de 17:00h a 19:00h no que convertiremos o patio da escola nun palco aberto con pista de baile incluída e unha mesa de merendas.
Convidamos a toda comunidade da ETRAD e tamén á da EMAO a que vos sumedes á festa traendo instrumento, corpo para o baile e tamén por suposto, castañas previamente asadas, chulas, etc.
Para tocar no palco aberto, poñedevos en contacto coa secretaría da escola para entrar na listaxe.
Quedades todxs moi convidadxs!
Seguro que non chove... imos cruzar os dedos. :)
EXTRAESCOLARES ETRADVIGO 2025-26.
MAGOSTO
PATIO DA ESCOLA.
VENRES 14/NOV. DE 17:00H A 19:00H
ENTRADA LIBRE E DE BALDE ATA COMPLETAR AFORAMENTO
04/11/2025
04/11/2025
04/11/2025
04/11/2025
04/11/2025