Novas

ETRAD 2020-21. Ante a COVID-19, sigamos a coidarnos.

Martes 19 de Xaneiro de 2021


ETRAD 2020-21. Ante a COVID-19, sigamos a coidarnos.

Moi boas comunidade.
Toda a equipa da escola séntese agradecida polo voso compromiso coa observación das normas ante a Covid-19. Estamos nun intre delicado dentro da evolución da pandemia, así que reforzamos a mensaxe de mantérmonos comprometixs co cumprimento das normas de hixiene e seguridade para que todxs gocemos dun acceso e estancia seguros nas instalacións da escola. 

Lembremos:

- Manteñamos as distancias interpersoais iguais ou superiores ao metro e medio.

 - Evitemos agardar os cambios de clase dentro do espazo da escola sempre que sexa posible.

-  Só debe acceder unha persoa ao espazo dos baños de cada vez.

- Usemos o xel hidroalcoólico cada vez que accedamos ao interior do edificio e/ou aula, así como cando vaiamos usar calquera elemento da aula ao noso dispor.

- Veñamos sempre cunha máscara homologada en bo estado de uso.

- Ao menor síntoma compatible coa Covid-19, non asisitir á escola.

-Se temos un diagnóstico positivo, comunicalo de xeito inmediato á escola.

 


Enlace Normas de Prevención na ETRAD sobre a COVID-19

Compartir en