Venres 24 de Abril de 2020
En tempos nos que se bota tanto de menos a alegría da compaña, o bulir do grupo, o ruído comunitario que alumnado e profesorado de xeito colectivo tentamos, ás veces con éxito, converter en música, enredados na aventura de iluminar a nosa vida co legado da tradición nunha mestura de gozo, esforzos e convivencia, precisamente nestes tempos e no nome dos traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional queremos agradecer a fantástica acollida que a versión "en liña" da escola atopou en todas e todos vos. O que non nos extingue, fainos máis fortes e aprendemos das dificultades máis que das facilidades. Queremos tamén agradecer ao Concello de Vigo o ánimo para o mantemento da actividade escolar e as condicións nas que se segue a producir.
Unha forte aperta para todas e todos, vémonos moi pronto.
Rodrigo Romaní
Director
24/04/2020
24/04/2020
24/04/2020
24/04/2020
24/04/2020