Venres 18 de Xuño de 2021
MÚSICA E MOVEMENTO, ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.
MATRÍCULA: dende o luns 21 de xuño ata o 9 de xullo de 2021 permanecerá aberto o periodo de matrícula para o alumnado de cursos anteriores. Con CITA PREVIA
PREINSCRICIÓN NOVO ALUMNADO: en liña do 21 de xuño ao 6 de setembro de 2021. Presencial (na secretaría da ETRAD): do 21 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 6 de setembro de 2021. Con CITA PREVIA.
Consulta aquí todos os detalles:
MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2021-2022
COVID-19. Situación de excepcionalidade
Diferentes disposicións legais en relación á situación sociosanitaria da pandemia, que podan ter vixencia a 4 deoutubro de 2021 (data de inicio previsto do curso), poderían modificar as características desta convocatoria(datas, número de prazas ofertadas, admisión de novo alumnado, modalidades presencial e online, ...)
ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES
ALUMNADO que pasa aos cursos de
- Música e Movemento II, III e IV
- 2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con Curso de Introdución ao Instrumento (Violín Folk, Acordeón Diatónico e Arpa Céltica)
- 2º e 3º (Itinerario Medio)
- 2º e CEE (Itinerario Avanzado)
NON HAI RESERVA DE PRAZA, terán que MATRICULARSE DIRECTAMENTE.
Deberán efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e formalizar a matrícula. O importe da matrícula non é reembolsábel.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
PRAZO: DO 21 DE XUÑO AO 09 DE XULLO DE 2021
A presentación da matrícula será PRESENCIAL, con solicitude de CITA PREVIA.
Horario para solicitar CITA PREVIA: Luns a venres de 10 a 11 hrs. no teléfono 986 22 80 87.
Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas en modelo normalizado (xúntase) e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado que será facilitado na secretaría.
Horario de atención ao público, previa cita: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.
ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS:
Preinscrición:
On line (www.emmavigo.org): do 21 de xuño ao 6 de setembro de 2021.
Presencial (na secretaría da ETRAD): do 21 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 6 de setembro de 2021. Con CITA PREVIA.
Horario para solicitar CITA PREVIA: Luns a venres de 10 a 11 hrs. no teléfono 986 22 80 87.
Publicación dos listados de solicitantes: 13 de setembro
Sorteo prazas ofertadas: 16 de setembro
Probas para o Itinerario Medio: do 16 ao 20 de setembro
Publicación de listas de admitidos: 23 de setembro.
Matrícula: do 23 ao 30 de setembro.
Solicitude de exención de taxas: ata o 30 de setembro.
Comezo do vindeiro curso: 4 de outubro.
18/06/2021
18/06/2021
18/06/2021
18/06/2021
18/06/2021