Novas

ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 22 DE XUÑO. ETRADVIGO. CURSO 2023-2024.

Xoves 22 de Xuño de 2023


ETRADVIGO. CURSO 2023-2024. ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 22 DE XUÑO.

ETRADVIGO. CURSO 2023-2024. 
ABERTOS PERIODOS DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO E PREINSCRICIÓN PARA NOVO ALUMNADO E AULAS ABERTAS DENDE O MÉRCORES 22 DE XUÑO.


DE 4 A 7 ANOS

MÚSICA E MOVEMENTO


DENDE OS 8 ANOS

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, CANTO POPULAR, CORDA PULSADA (GUITARRA E BUZUQUI), GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, REQUINTA, VIOLÍN FOLK, ZANFONA.

 
AULAS ABERTAS

ARPA CÉLTICA, ACORDEÓN DIATÓNICO, PANDERETEIRAS, CORO, CANTARES DE TROULA, CORDA PULSADA E REQUINTA, BANDA DE GAITAS E PERCUSIÓN, CORDA FROTADA, ZANFONA.

 

MATRÍCULA E PREINSCRICIÓN CURSO 2023-2024

 
ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES


ALUMNADO que pasa aos cursos de

2º e 3º (Itinerario Básico) e 1º no caso das especialidades con C.I.I.  
2º e 3º (Itinerario Medio)
2º e CEE (Itinerario Avanzado)

NON HAI RESERVA DE PRAZA, TERÁN QUE MATRICULARSE DIRECTAMENTE.


PRAZO DE MATRÍCULA: DO 22 DE XUÑO AO 07 DE XULLO DE 2023


Precisarase efectuar o pago da matrícula a través de www.emmavigo.org e logo formalizar a matrícula (téñase en conta que no caso de baixa na escola, o importe da matrícula non é reembolsable). 


PAGO DA MATRÍCULA

Unha vez na pasarela de pagos, será preciso introducir os datos persoais (nome e apelidos + dni) e sinalar o ciclo:

- Ciclo Básico: todo o alumnado de Nivel Básico

- Ciclo Medio: todo o alumnado de Nivel Medio + alumnado de 1º e 2º curso do Nivel Avanzado

- Ciclo Medio-Avanzado: o alumnado do Curso de Especialización Escénica (Avanzado 3)    

 
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 
PRESENCIAL 
Para a formalización da matrícula, deberán presentar o xustificante de pago da mesma ou ben copia da presentación da solicitude de exención de taxas, en modelo normalizado e o impreso de matrícula debidamente cumprimentado, que pode solicitarse na secretaría ou descargarse da páxina web.

Solicitude de exención de taxas: Do 22 de xuño ao 07 de xullo de 2023 nas oficinas do Concello.

Horario de atención ao público de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). Durante o mes de xuño atenderemos tamén pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.

• Solicitude de exención de taxas: do 22 ata o 7 de xullo de

2023 nas oficinas do Concello de Vigo.

 


PRAZO: DO 22 DE XUÑO AO 07 DE XULLO DE 2023

 

ALUMNADO DE NOVO INGRESO e AULAS ABERTAS:

Preinscrición:

On line: www.emmavigo.org: do 22 de xuño ao 8 de setembro de 2023.

Presencial (na secretaría da ETRAD): do 22 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro de 2023.

Horario de atención ao público: de 11:00 h. a 14:00 h. de luns a venres (agosto pechado). En xuño tamén atenderemos pola tarde, en horario de 16 a 20 hrs.

• Publicación de listaxes de solicitantes: 12 de setembro

• Sorteo: 15 de setembro

• Probas para o Itinerario Medio: do 15 ao 20 de setembro

• Publicación de listas de admitidos: 22 de setembro.

• Matrícula: do 25 ao 29 de setembro.

• Solicitude de exención de taxas: do 25 ata o 29 de setembro de

2023 nas oficinas do Concello de Vigo.

• Comezo do vindeiro curso: 2 de outubro.

 


+Info en: www.etradvigo.org

Compartir en