Novas

EXTRAESCOLARES ETRAD 2019-2020. Curso: 1ª parte: Venres 8/11, 15/11 e 10/01/2019. Introdución ao uso do bordón rítmico por Anxo Pintos. 2ª parte: venres 7/02/20, 14/02/20 e 21/02/20. Regraxe e mantemento da zanfona por Jaime Rebollo.

Martes 29 de Outubro de 2019


EXTRAESCOLARES ETRAD 2019-2020. Curso: 1ª parte: Venres 8/11, 15/11 e 10/01/2019. Introdución ao uso do bordón rítmico por Anxo Pintos. 2ª parte: venres 7/02/20, 14/02/20 e 21/02/20. Regraxe e mantemento da zanfona por Jaime Rebollo.

NA ETRADVIGO damos comezo aos cursos de ampliación de estudos os venres deste ano escolar.
O primeiro deles estará centrado na zanfona e nel vanse abordar dous aspectos diferentes pero realmente importantes para o instrumento.

Introdución ao uso do bordón rítmico por Anxo Pintos.
A primeira parte será sobre o bordón rítmico a cargo do mestre de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos, no que seguiremos a estudar e traballar a execución dos golpes básicos do bordón rítmico con exercicios progresivos para introducir o seu uso e a súa nas melodías. Imprescindible zanfona con can.

Regraxe e mantemento da zanfona por Jaime Rebollo.
A segunda parte estará dedicada á regraxe e mantemento da zanfona. Impartida polo prestixioso luthier Jaime Rebollo, este tramo do curso afondará no coñecemento da regraxe da túa zanfona para que consigas o mellor rendemento do teu instrumento. O mestre facilitará un kit de materiais necesarios para o seguimento desta parte do curso non incluído no prezo de matrícula

1ª parte. Introdución ao uso do bordón rítmico por Anxo Pintos.
Venres 8, 15 de novembro de 2019, 10 de xaneiro.
2ª parte. Regraxe e mantemento da zanfona por Jaime Rebollo*.
7, 14 e 21 de febreiro de 2020
16h – 19h
Aula 5. Perfecto Feijoo.
Número de prazas: 15
Matrícula aberta ata: 8 de Novembro
Créditos computables por horas na ETRAD:18h
25 euros. Gratuíto para estudantes de medio e avanzado da ETRAD.
Último día de matriculación: 8 de novembro
*A 2º parte do curso require a compra de material para a súa realización.

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.