Novas

GALAXIA ETRAD. O mestre de canto, Xisco Feijoo no espectáculo de danza "Entresoños" de Fran Sieira, coa música do mestre de zanfona Anxo Pintos. Auditorio do Concello de Vigo. 08/NOV e 09/NOV. 21 horas

Martes 5 de Novembro de 2019


GALAXIA ETRAD. O mestre de canto, Xisco Feijoo no espectáculo de danza

O mestre de canto, Xisco Feijoo forma parte do elenco do espectáculo de danza "Entresoños" de Fran Sieira, coa música do tamén mestre da escola, Anxo Pintos. Entresoños estará no Auditorio do Concello de Vigo dentro da programación de Vigocultura esta semana os días 08/NOV e 09/NOV. ás 21 horas.

Sobre ENTRESOÑOS:

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 60/70 min de duración, da compañía de danza de Fran Sieira cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Vanesa Hernández, a iluminación de Luis Perdiguero, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do codirector David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).

"Entresoños" con Fran Sieira, Xisco Feijoo e Aida Tarrío
Direción: Fran sieira
Codireción artística: David Vilariño, Fran Sieira
Música e deseño sonoro: Anxo Pintos.
Deseño escenografía Vanesa Hernánez (DiiVant)
Deseño de iluminación: Luis Perdiguero
Vestiario: Alessio Meloni

Auditorio do Concello de Vigo.
08/NOV e 09/NOV.
21 horas.
Entrada: 8 EUR
Entradas Online:
Entradas online aquí

Compartir en
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.