Novas

Galaxia ETRAD. O mestre de canto, Xisco Feijoo no BIME PRO de Bilbao. 27, 28 OUT.

Mércores 27 de Outubro de 2021


Galaxia ETRAD. O mestre de de canto, Xisco Feijoo no BIME PRO de Bilbao. 27, 28 OUT.

O 'trad' de Xisco Feijoó, acompañado da súa banda na que militan os tamén mestres da escola, Xosé Liz e Carlos Quintá, representará a Galicia xunto á música electrónica de Allova na carteleira de 'BIME City', o programa de concertos co que o encontro profesional Bizcaia International Musical Experience se estende a diferentes sedes de Bilbao entre o 27 e o 28 de outubro.
 

Un acordo entre a Xunta e a organización garantiu a presenza galega nesta iniciativa, que dá voz ao talento emerxente coincidindo cos primeiros días da novena edición de BIME PRO, unha das grandes citas anuais da industria musical.

Compartir en