Martes 28 de Abril de 2020
Os músicos de SonDeSeu gravan o tema Mar de Vigo con 62 móbiles en pleno confinamento. O vídeo publicado o pasado venres 24 de abril na canle de YouTube da orquestra xestouse a semana anterior coa gravacións individuais usando unha guía de referencia. Non é casual a elección do tema escollido: Mar de Vigo, arranxado polo ser director e artífice da idea, Rodrigo Romaní e presente no 1º dos 5 traballos discográficos realizados ao longo dos seus 19 anos de historia. Un camiño que ten levado a esta formación, nada na nosa escola, a erixirse nun referente internacional no seu género.
Esta gravación supuxo tamén a estrea das novos músicos incorporados dende a ETRAD a algunhas das seccións da orquestra. Un debut tan inusual como ilusionante para todxs elxs e que supón que a orquestra viguesa supere na actualidade os 60 membros.
Desta iniciativa fixéronse eco varios medios de comunicación como La Voz de Galicia, siendo tamén nova cultural destacada do programa A Revista Fin de Semana da TVG.
Nova sobre a gravación de SDS de Jorge Lamas en La Voz de Galicia
SDS na Revista Fin de Semana da TVG
28/04/2020
28/04/2020
28/04/2020
28/04/2020
28/04/2020